O gasto en infraestruturas viarias é sempre unha das partidas estrelas de calquera orzamento da Xunta. O 2011 non será unha excepción no que se refire á comarca de Pontevedra, xa que as partidas previstas para expropiacións e obras pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas rolda os 24 millóns de euros.
O investimento máis importante levaralla o proxecto de autovía entre Pontevedra e Vilagarcía, aínda que todas as obras previstas desenvolveranse a partir de Curro . De feito, só no macronudo que se construirá neste punto para conectar a citada autovía, a AP-9, a autovía do Salnés e a futura A-57 investiranse 10,8 millóns de euros: tres en expropiacións e 7,8 en obras. Tamén se destinan 1,2 millóns ao tramo Curro -Baión.