O TSXG VEN DE ANULAR O SOLO INDUSTRIAL DE SEQUEIROS PORTELA NO CONCELLO DE BARRO

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de ratificar a sentenza do Contencioso
Administrativo de Pontevedra de 5 de xaneiro de 2009 pola que se anulaba toda a tramitación
relativa ao desenrolo do solo industrial de Sequeiros, pero non só iso, senón que o que
conseguiu o Concello, ao recorrer dita sentenza foi que o Tribunal Superior de Xustiza de
Galicia tamén anulara o PXOM no que se refire ao SRAU industrial Sequeiros-Portela
devolvendo a eses terreos a clasificación de solo rústico de protección forestal.
O PXOM aprobado polo Goberno Municipal do PP no ano 2003 caracterízase como un
instrumento fallido para a ordenación do noso territorio polas eivas que contén tal como se leva
comprobando ao longo destes poucos anos. Foron esas eivas as que levaron ao BNG a non
apoialo no seu día.
• Todos os problemas de organización do tráfico que sufre o núcleo de San Antoniño, son
debidas a unha moi mala planificación do mesmo, pois a estrada nacional 550 xa
existía fai 7 anos e non se lle soubo dar o tratamento acaído.
• Que xa se tivera que facer unha modificación do PXOM para igualar alturas no núcleo
ou a recalificación dos terreos da Avícola que se empezou a tramitar pouco despois da
aprobación do PXOM é outro dos síntomas.
• Que esté agora en tramitación unha segunda modificación intentando dar saída ao
tráfico do núcleo de San Antoniño nunha alternativa á N-550 e continuidade a unha
ponte xa construída detrás do tanatorio que nin aparece no PXOM nin ten permiso de
ningún tipo, son algúns exemplos dun planeamento aprobado por un goberno municipal
incapaz de planificar o futuro do noso concello.
O último exemplo do que vimos a afirmar é esta anulación por parte do TSXG do PXOM de
Barro no referido a SRAU Industrial de Sequeiros-Portela. E o que é mais preocupante que esa
sentenza ven a pór tamén en inseguridade xurídica todo o solo industrial do noso concello, pois
a mesma tramitación anulada polo Tribunal Superior foi a que se seguiu coas outras dúas bolsas
de solo industrial, tanto no da zona do Lombo de Maceira, aínda sen desenrolar, e puxo tamén
en perigo o Polígono de Barro-Meis pois con esta sentenza tamén quedaría anulado se alguén
chega a presentar un recurso no mesmo sentido que o referido ao de Sequeiros-Portela.
Asdo. Xosé Manuel Fdez Abraldes
Portavoz do Grupo Municipal do BNG de Barro

Deixar un comentario