Unha noite para non durmir. Polo menos para a patrulla da Policía Local de Caldas, que na madrugada de onte detivo un veciño de Barro por furto e falsificación de matrícula e instruíu dilixencias por varios delitos e infraccións administrativas contra a condutora que o levaba no seu coche a recoller un ciclomotor roubado. Isto ocorreu pouco despois de acudir ao incendio dun automóbil na rúa Souto de María López, un lume que alertou aos veciños e que, segundo todos os indicios, foi intencionado.
Faltaban uns minutos para a unha da madrugada cando a patrulla, que circulaba pola rúa Juan Fuentes, observou un ciclomotor ocupado polo piloto e un pasaxeiro. As sospeitas dos policías ao comprobar a actitude do condutor confirmáronse cando o vehículo se deu á fuga ao ver á patrulla despois de deixar abruptamente ao acompañante e tomou a rúa As Silgadas en dirección prohibida antes de abandonar a moto na Rúa do Tesouro.
(Lea a historia completa na edición impresa do sábado) |