Un motorista resultou onte ferido nunha colision rexistrada en Curro. Produciuse ás 11.18 horas na 531 PO-531, á altura do punto quilométrico 9. Desde o Servizo do 112 Emerxencias informaron que o suceso se produciu a raíz dunha colisión entre un coche e unha moto na parroquia de Curro (Barro).
Ata o lugar trasladouse unha ambulancia do 061 que foi a encargada de trasladar o ferido a un centro hospitalario de Pontevedra, así como efectivos da Garda Civil de Tráfico que ergueron o atestado do acontecido.