Lugar de Parada. A Portela. Barro
Rego do Areal.
Situación: N42 30.689 W8 39.382 Altura 102
Os muíños, empregados fundamentalmente para moer o millo, aínda que se empregaban tamén en menor medida, para moer trigo e centeo, son construcións antigas en xeral, de pequenas dimensións, de 6 ou 7 m por 4,5 m, coa base de cachotaría ou paredes dobres de ata 65 cm e con cuberta de tella a unha auga.
O único oco que presenta é a porta de entrada, situada normalmente no lado curto, onde ademais aparece o pousadoiro, que consiste nunha pedra incrustada no muro, preto da porta, que serve para apoiar os sacos. Nalgunhas ocasións, aparece tamén unha fiestra pequena que ilumina e ventila o tremiñado. Os muíños non só forman parte do pasado e da historia senón tamén da cultura popular, recollida no folclore en cantigas, bailes, etc. e na literatura en refraneiros e lendas.