Salvemos Porráns reúnese en Madrid con responsables do Ministerio de Fomento

Membros da plataforma Salvemos Barro -Porráns reuniranse o vindeiro xoves, 1 de xullo, en Madrid con responsables do Ministerio de Fomento. Segundo comentou onte a portavoz do colectivo, Jacqueline Seijo, o encontro será co subdirector xeral de Planificación e Proxectos da Dirección Xeral de Infraestruturas Ferroviarias, Francisco Javier Sánchez Ayala, ademais de varios enxeñeiros e técnicos do ministerio.

Os representantes dos veciños acoden á reunión coa esperanza de que Fomento dea marcha atrás no trazado do AVE Vigo-Ourense, evitando o paso por Porráns. O encontro está fixado para as 17 horas.

Así mesmo, membros da plataforma cidadá reuníronse o pasado xoves co ex presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño. Aínda que non transcenderon detalles da entrevista, Seijo sinalou que foi «moi produtiva e aproveitamos vos contactos que Touriño ten en Madrid para facernos oír».

Deixar un comentario