Moraña busca a mediación de Louro para unha rotonda en Porráns

O alcalde de Moraña, o socialista José Eiras, e o concelleiro Javier Magariños reuníronse onte na Coruña co delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, para que este traslade ao Goberno central varias demandas que afectan ao Ministerio de Fomento.

Unha das peticións é a construción dunha rotonda na estrada N-550 á altura do cruzamento de Porráns, no municipio de Barro , co fin de mellorar a seguridade viaria. O edil de Obras comentou que se trata dunha vella reivindicación que agora ten máis peso se cabe tras a reforma da estrada PO-226.

Deixar un comentario