Un traballador resulta ferido tras sufrir unha caída nas obras do AVE no municipio de Barro

Un traballador de 51 anos e iniciais A.???M.???U. resultou onte ferido tras sufrir un accidente laboral nas obras do AVE no municipio de Barro . Segundo indicou un portavoz do servizo de urxencias de Galicia 112, o suceso consistiu nunha caída e ocorreu ás 10.29 horas no túnel de San Amaro, na parroquia de Portela.

Foi Urxencias Sanitarias quen alertou do accidente á central de coordinación, que mobilizou á Garda Civil e á agrupación de Protección Civil de Barro . No entanto, os voluntarios non se puideron desprazar ao lugar de San Amaro porque estaban a traballar.

O operario foi evacuado por unha ambulancia asistencial do 061 e trasladado ao Hospital Miguel Domínguez de Pontevedra. Fuentes de Urxencias Sanitarias sinalaron que o paciente sufriu unha escordadura cervical.

Un portavoz do hospital Miguel Domínguez confirmou a última hora da mañá que A.???M.???U. recibiu a alta médica logo de ser tratado de diversos traumatismos.

Deixar un comentario