O Xabarín Club recibiu o segundo premio do CEIP Amor Ruibal ao fomento do galego

O CEIP Amor Ruibal de Barro entregou o pasado 11 de maio, venres, o segundo Premio Mimi ao Persoeiro do Ano, que nesta ocasión recaeu no Xabarín Club. Este galardón, que na súa primeira edición foi para o ciclista do Xacobeo Ezequiel Mosquera, xurdiu o pasado curso por mor da elección da mascota do colexio.

A súa finalidade é recoñecer e premiar a aqueles personaxes da comunidade que na súa vida utilicen e fomenten o idioma galego e a súa cultura. A candidatura do Xabarín Club foi proposta polo Obradoiro do Umia e impúxose ás outras catro solicitadas polos alumnos de 5º curso logo de remitir as bases do concurso a institucións, organismos e asociacións.

As restantes foron as de Xabier Docampo, Avelino Pousa Antelo, Adrián Silva Magdalena e Óscar Ibáñez, propostos, respectivamente, pola Universidade de Santiago, a Universidade de Vigo, a Asociación Cultural Barosa de Barro e a Asociación de Cultura e Xuventude de Barro . O premio Mimi consiste nunha figura en madeira realizada polo artista local Francisco José Rodríguez Remiseiro.

Deixar un comentario