Porráns expón ao subdelegado os seus argumentos para cambiar o trazado do AVE en Barro

A plataforma de afectados Salvemos Porráns-Barro explicou onte ao subdelegado do Goberno, Delfín Fernández, os seus argumentos para que Fomento modifique o trazado do AVE previsto neste municipio. Para os veciños o entroncamento en Barro do eixo atlántico suporá un atraso na duración do percorrido. Tamén resaltaron que se producirá un impacto «brutal» en Porráns coa separación de vías. «Polos seus tempos de percorrido este trazado semella un tren de proximidade máis cun AVE», aseguraron os afectados.

Deixar un comentario