O PP cuestiona o trazado do AVE ao seu paso por Barro

Os deputados do PP Ana Pastor, María Ramallo e Jesús Pérez Arca trasladaron ao Congreso o malestar dos veciños de Barro afectados prol o trazado do AVE Ourense-Vigo ao seu paso polo municipio. A plataforma de prexudicados considera que a alternativa elixida dana ao municipio, impedindo o crecemento de Porráns.

Os populares solicitan á Administración central que valore a actuación prevista en barro, para determinar así se está ou non xustificada.

«Estase a facer un rodeo innecesario que afecta de maneira particular a moitas familias de Porráns», sinalan os deputados nacionais do Partido Popular pola provincia de Pontevedra. «Queremos unha resposta do goberno antes de que sexa tarde», precisaron.

Deixar un comentario