Uns argumentos polos que aínda agarda UXT

Medio Ambiente deu a coñecer o pasado día 15 a declaración de impacto do AVE Pontevedra Ourense por Porráns e Cerdedo que empata coa liña Santiago-Ourense preto do Carballiño. Nin nesa declaración nin en documentos anteriores explica, con todo, por que non aceptou a suxestión de UXT para unha conexión directa a Pontevedra, sen o rodeo de Barro .

O trazado aprobado conectará co Eixo Atlántico de Alta Velocidade uns 12 quilómetros ao norte de Pontevedra. Deixa así sen opcións a proposta que expuxera UXT a fin de que a nova liña empatase directamente en Pontevedra, a só un quilómetro da estación da cidade.

Esta alternativa, que con idéntico custo levaba o AVE ao sur do Lérez ata a zona de Viascón-Cotobade, permitía que a viaxe de Ourense a Pontevedra fixésese en só 22 minutos, fronte aos 27 que se tardarían por Porráns-Barro (ver gráfico). Algúns dos responsables de UXT que promoveron a iniciativa cren, con todo, que Fomento aínda está a tempo de reconsiderar esta decisión cando se redacte o proxecto e recordan que a entrada en Vigo do Eixo Atlántico foi cambiada a última hora para poder soterrar as vías no acceso á cidade olívica.

Deixar un comentario