Unha empresa de encofrados, primeira en instalarse no macropolígono de Barro -Meis

Enma de Medrano e o presidente da Deputación, Rafael Louzán, asinaron onte o contrato de venda da primeira parcela no macroplígono industrial de Barro -Meis. Medrano, representante da empresa Caldererías e Estruturas do Noroeste SL, subscribiu a adquisición dunha parcela de 2.542 metros cadrados por un custo total de 359.999 euros. A firma encárgase da produción de encofrados de grandes dimensións para prefabricados de formigón. Actualmente desempeña a súa actividade en Portas. A operación permitiralle aprazar o 75% do pago a cinco anos.

Deixar un comentario