O portavoz do BNG, Guillerme Vázquez, participou onte en Barro na homenaxe póstuma a Xosé Bermúdez, por unha vida dedicada a impulsar a cultura e a lingua galega en ámbitos onde era moi reducido. Nun repaso pola súa vida, Vázquez enxalzou o seu labor para agrupar nunha cooperativa aos viticultores do Concello de Barro e utilizar o galego nas etiquetas e campañas de promoción deste produto.
Na súa intervención, o líder nacionalista sinalou que «hoxe, máis que nunca é preciso un compromiso co nosos idioma, coa nosa cultura e ou noso país».