HOMENAXE A JOSÉ BERMÚDEZ

Adega Moraima, Asociación Cultural Barosa
e Bloque Nacionalista Galego son algunhas
das entidades nas que José Bermúdez deixou
a impronta do seu traballo, da súa
camaradería e do seu bo facer.
Agora, cando se cumpre un ano do seu
pasamento, as tres entidades queremos
honrar a súa memoria cun acto público no
que repasar unha vida e un traballo que
sempre tivo como horizonte mellorar as
condicións de vida dos veciños e veciñas do
seu/noso concello.
Neste acto, que terá lugar o sábado 13 de
marzo ás 20 h. na biblioteca pública
de Barro, contaremos coas intervencións
de persoas que traballaron cóbado a cóbado
con el, como Francisco Gulías, crego, e
membro de Cristiáns Galegos, José
Manuel Fontán Presidente da cooperativa
Adega Moraima, Roberto Rivas, Presidente
da Asociación Cultural Barosa, Xosé
Manuel Fernández Abraldes, Portavoz
do BNG en Barro e Guillerme Vázquez,
Portavoz Nacional do BNG.
Agardamos contar coa súa asistencia neste
sinxelo pero emotivo acto de
recoñecimento a quen tanto, e en tantos
ámbitos, aportou ao desenvolvemento social
do concello de Barro.

Deixar un comentario