Nomeamento do primeiro socio honorifico da Peña San Breixo

A Peña San Breixo, o pasado sábado 06 de marzo, celebrou unha comida no restaurante Giao, en Moraña.
O motivo foi xuntarnos os socios, aqueles que puideron acudir, para celebrar o noso 5º aniversario e nomear ao primeiro socio honorifico.
A elección fixose nunha asemblea xeral e, por unanimidade, decidiuse que fóra Nino Mirón, que acudiu como convidado á comida en que se fixo un pequeno acto para nomealo socio honorifico e darlle unha bonita  figura de Sargadelos.
O ambiente foi moi festivo xa que o sitio anima a iso. Esperamos continuar con esta tradición, e cada ano nomear un socio honorifico
Durante o acto, o noso presidente Rafa, leu un emotivo discurso agradecendo a Nino Mirón o que fixo polo Pontevedra.

Deixar un comentario