Barro queda excluído do plan de transporte metropolitano de Pontevedra

O Plan de Transporte Metropolitano de Pontevedra é aínda un programa en xestación, aínda que xa se coñece oterritorio no que estará operativo. Datos facilitados pola Xunta ao Parlamento indican que as viaxes a Sanxenxo, Bueu e Barro van quedar excluídos dos beneficios da futura área de transporte que se van a aplicar en sete municipios. O Goberno do PP ratifica así a zonificación que esbozara o anterior Executivo bipartito PSOE-BNG.

A futura área de transporte metropolitano de Pontevedra aínda non está constituída e nin sequera asinouse por parte de ningún concello o convenio para a implantación do plan. Na actualidade, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (MATI) está a manter, no entanto, reunións con con concellos, empresas de transporte e outros interlocutores con vistas á súa implantación.

Área xeográfica configurada

A pesar de estar aínda en período de consultas, a Xunta xa ten configurada a área xeográfica que abarcará. En principio ten previsto incluír a Marín, Poio, Vilaboa, Soutomaior, Cotobade e Ponte Caldelas, de acordo co informe enviado á cámara galega. Esta relación non debe considerarse, con todo, definitiva. Outros municipios poderían sumarse á área de transporte no futuro como froito desas conversacións ou ben unha vez que o plan metropolitano bote a andar.

É o caso, por exemplo, da área de transporte de Santiago. Esta zona está integrada na actualidade aos municipios de Val do Dubra, Ames, Brión, Teo, Vedra, Boqueixón e Oroso. Con todo, no novo Plan de Transporte Metropolitano está prevista a inclusión dos municipios de Toro , O Pino e Trazo.

Deixar un comentario