A feira de Barro provoca importantes retencións na N-550

Durante a tarde de onte a estrada N-550 que vai de Pontevedra a Santiago rexistrou importantes atascos a causa da feira ambulante que tradicionalmente se celebra cada domingo no municipio de Barro. A cola de vehículos prolongábase desde San Antoniño ata pasado o cruzamento de Portas en sentido cara á capital. As retencións prolongáronse por espazo dunhas dúas horas, desde as catro ás seis da tarde. A pesar de que onte abrían os comercios e as grandes superficies, houbo unha avalancha de xente á feira de Barro que conta cun elevado número de postos de vendedores ambulantes. Destacar así mesmo as queixas de moitos residentes da zona que denuncian que moitos condutores aparcan os seus vehículos diante de garaxes e chegan a cortar os accesos a algunhas vivendas. Accidentes Por outra banda, unha persoa resultou onte ferida de diversa consideración a consecuencia dun accidente de tráfico que se produciu ás doce do mediodía en San Breixo, Barro, no lugar de Porráns. Segundo fontes da Xunta, un particular deu a voz de alarma ao 112 sobre este accidente a consecuencia dunha saída de vía e cunha persoa ferida. Ata o lugar dos feitos mobilizouse a unha ambulancia do 061, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Barro.

One thought on “A feira de Barro provoca importantes retencións na N-550

  1. Igual os atascos non é o mais problemático. O grave e a situación dos residentes que a sufren cada domingo.
    Cando as cousas non se saben facer, pasa o que pasa, e cando non interesa facelas……………..
    ¡Animo residentes!

    ANA

Deixar un comentario