Ferido un home en Barro nun accidente tras o que tivo que ser excarcerado do seu vehículo

Un home tivo que ser excarcerado onte tras chocar o seu vehículo con outro en Barro . Como consecuencia do choque, que se produciu de xeito frontolateral, segundo informaron os Bombeiros do Salnés, o home sufriu lesións nas pernas, unha das cales fracturouse á altura do fémur, e no tórax. O home, consciente, queixábase dunha forte dor torácica.

O coche, un Renault Clio branco con placas de matrícula 6985 GFS, ía conducido por F.???P.?????L. Ao parecer, como consecuencia do frío rexistrado na madrugada de onte, producíronse placas de xeo na calzada que, ao ser atravesadas polo coche sobre as dúas e media da madrugada, alterarían a dirección, facendo que o condutor perdese o control e acabase impactando.

Os Bombeiros do Salnés tiveron que facer uso dun equipo especial de excarceración para sacar ao ferido.

Deixar un comentario