Voluntarios de Protección Civil de Barro desprazáronse onte á parroquia de Santa María de Perdecanai para intervir na inundación do baixo dunha vivenda. A alerta ao servizo de urxencias de Galicia 112 produciuse ás 16.32 horas. A vivenda afectada está situada no lugar de Lourido. Un portavoz da agrupación explicou que a auga entrou no baixo por uns desaugadoiros exteriores que estaban atascados. Había uns quince centímetros de auga e empregouse unha bomba de achique.