Os días 10, 11, 16 e 17 de decembro celebraranse nos Concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa o Obradoiro Fogar Sostible, nesta actividade falarase sobre como aforrar enerxía no fogar, como consumir dun xeito máis sostible e como xestionar os residuos entre outras cousas. Tamén faremos unha actividade sobre o consumo eléctrico e un obradoiro de elaboración de saquiños ambientadores contra insectos. Os asistentes inscritos entregaráselle un pack doméstico sustentable. Achégovos os carteis das actividades onde figuran as horas e lugares de celebración.
Lembrarvos tamén que o xoves 3 de decembro de 2009, ás 20:00 horas na Casa de Cultura do Concello de Ponte Caldelas e o venres 4 de decembro as 19:00 horas na Biblioteca do Concello de Barro realizaranse OBRADOIROS DE COMPOSTAXE, dentro do programa de xestión de residuos dende a sostibilidade. Os asistentes poderán realizar eles mesmos un composteiro artesanal.
Estas actividades de sensibilización financiase polo Núcleo de Sostibilidade Integrada (NSI) da Asociación de Desenvolvemento Rural PRODER II – Comarca de Pontevedra (ADR).
Máis información e inscrición: NSI-ADR r/ Santa Clara 4, 2º 36002 Pontevedra. Telf. 986108144 .Fax 986 108009 ou ben nsi.pontevedra@mundo-r.com.