Contra todo prognóstico, o PP de Barro rexeitou o pasado xoves no pleno do Concello unha moción do BNG que o
seu portavoz municipal, Xosé Manuel Fernández Abraldes, acordara previamente co portavoz da plataforma de afectados da PO-531, Manuel Corredoira.
Na proposta, que si foi apoiada polo PSOE, solicitábase que o Concello se dirixa á Xunta para que dea a coñecer publicamente o proxecto definitivo da reforma da estrada de Vilagarcía ao seu paso polo municipio de Barro .
Tamén se instaba ao Concello a dirixirse aos grupos parlamentarios para que presenten emendas aos orzamentos autonómicos do ano 2010. O obxectivo, que se contemplen as partidas necesarias que garantan a execución da mellora da PO-531 e a urbanización da estrada vella entre a igrexa e a entrada da autoestrada.
Divorcio
O Bloque acusou onte ao alcalde de Barro , José Antonio Landín, de mentir e dar as costas aos intereses veciñais. «Curiosamente, ese mesmo día, e antes dá celebración do pleno, ou rexedor municipal dicíalle ao portavoz dás plataformas veciñais que ou Concello apoiaría as súas demandas, coincidentes coas recollidas na moción do BNG», apuntou onte Abraldes. O portavoz nacionalista sinalou que o alcalde «ven demostrar unha vez máis, con feitos, ou pouco valor dás súas palabras, así como un divorcio absoluto entre a súa acción política e as necesidades e demandas dá cidadanía».
Sr. LANDIN,alcalde de BARRO,coñezo fai pouco,pero consideroo bastante correcto, e unha persoa que ten interes polo concello, do que e alcalde tantos anos.
Pedrialle que deixe de xogar cos interese dos veciños, e poñanse mans a obra. Si por unha decision politica, non pode ir contra os intereses da xunta, si por eso non secunda unha mocion, que o unico que lle faltaba era que fora o seu grupo quen a propuxera, si eso e asi,e prefire que o nucleo de CURRO, quede fora das inversions da xunta, quede de lado e moitos dos que teñen ali as suas propiedades, non estaran tranquilos ata que vexan un proxecto DEFINITIVO, no que poidan continuar vivindo na parroquia, sen medo a que calquera dia, que se lle ocurra o conselleiro de turno, facer un ancheamento,tirar coas casas, ou o que seria peor, deixar pasar a oportunidade, que suporia solicitarlle a xunta que levase adiante un proxecto, moi bo para a nosa parroquia. Sr Alcalde, con todo o meu respecto, menos politica de partido e mais politica con maiusculas para os intereses dos veciños. confio e espero a sua rectificacion, recuperando asi un consenso pola po-531. un saudo.
parabéns pola iniciativa da paxina electrónica de Barro. Xa era hora que apareza unha selección de novas recentes do Concello. Espero que sexa a semente cultural para unha terra privilexiada xeograficamente e da cal son un fillo que a adora dende a distancia con visitas intermitentes.
Mil grazas e outras tantas primaveras máis.
Saúde e apertas.