O director de infraestruturas da Deputación, Manolo Juanatey, explicou onte ante os empresarios pontevedreses, arousáns e vigueses -a quen visitou ao longo da mañá en tres reunións distintas para dar a coñecer o polígono- que todo o parque empresarial ten integradas zonas verdes nas que se plantaron 3.000 especies arbóreas. A Xunta de Galicia acaba ademais de autorizar o abastecemiento de auga para o polígono industrial. A Deputación destinará a esta actuación dous millóns de euros, unha cantidade similar á que consignará a Xunta. O caudal de auga garantirá 130.000 litros de auga por hora a disposición das firmas.