Barro -Meis conclúe as obras e lánzase á captación de empresas

A Deputación deu onte por finalizadas as obras do polígono de Barro Meis e unha anunciou unha iniciativa para captar empresas. A falta da conclusión de, aproximadamente, un 4% das obras, a semana que vén lanzarase unha campaña de presentación para captar empresas que se asenten no polígono industrial máis grande da comarca.

«As primeiras licenzas para empresas vanse conceder de forma inminente», revelou onte o presidente da Deputación, Rafael Louzán. Trátase de permisos de obras que está a tramitar agora o Concello de Barro , con competencias urbanísticas sobre o chan industrial. Ata o momento hai unha reserva de chan ou vendas xa realizadas para un total do 40% das parcelas ofertadas. Agora, cunha campaña en Pontevedra, Vilagarcía e Vigo, preténdese estimular a compra de chan por empresas que operen na provincia para o 60% aínda vacante.

 

Deixar un comentario