O BNG alega contra os recheos previstos por Barro para ampliar o parque da Barosa

O BNG de Portas sostén que Augas de Galicia non debe conceder autorización ao Concello de Barro para realizar obras na contorna do río Barosa que supoñan unha modificación da zona inundable sen considerar as afeccións nos terreos do municipio de Portas. Por este motivo, os nacionalistas rexistraron o pasado sábado un escrito de alegacións e unha moción urxente.

Na moción, instan ao Concello a que presente unha reclamación ante Augas en contra da solicitude de autorización do Concello de Barro , reclamación que ten que facerse efectiva antes do 20 de novembro. Tamén esixen ao organismo autónomo de Medio Ambiente a adopción das medidas necesarias para evitar que as obras na contorna do río Barosa afecten negativamente aos terreos de Portas. O Bloque cre que para ampliar o parque natural da Barosa non é necesario facer ningún recheo.

Deixar un comentario