No Concello de Barro ponse en funcionamento a Escola Obradoiro “Santiago Apóstol III” que
contará con tres módulos formativos (Albanelería, Cantería e Carpintería). A data prevista para o inicio
do proxecto é o 30 de decembro de 2009 e terá unha duración de dezaoito meses.
O Vindeiro día 20 de novembro procederase a selección dos alumnos-traballadores que formarán
parte da mesma, que deberán cumpri-los seguintes requisitos:
– Ter 18 anos cumpridos e non superar os 25.
– Estar inscritos como demandantes de emprego no Servicio Galego de Colocación.
As persoas que estén interesadas en participar no mesmo deberán dirixirse antes do 12 de
novembro á Oficina de Emprego de Caldas de Reis en horario de 9:00 a 14:00 horas e manifestar o seu
interés por participar no proxecto.