O IPESPO (Instituto para a Promoción e o Equipamento do chan Industrial da Provincia de Pontevedra) aprobou na sesión celebrada o pasado día 28 sacar á venda 50 parcelas do polígono industrial de Barro -Meis que impulsa o citado organismo da Deputación. ?O prezo das parcelas foi fixado nunha contía de 145 euros o metro cadrado, co que a institución provincial prevé ingresar 24.326.735,43 euros no caso de vender as 50 parcelas, que teñen unha superficie total de 167.770,59 metros cadrados.
Esta cantidade destinarase a facer fronte ás obras de urbanización do propio polígono industrial de Outeda-Curro , ás expropiacións e a vos proxectos. ?Con respecto ás obras de urbanización do ámbito interior do polígono Barro -Meis, que corresponden canalizacións, vías e beirarrúas as obras foron executadas nun 95%.