O BNG de Barro ve «moi deficientes» as condicións do centro de saúde e pide máis fondos

O BNG de Barro demandou onte ao equipo de goberno do Concello que destine máis fondos para mellorar o centro de saúde da localidade. Para os nacionalistas o ambulatorio presenta unhas condicións «moi deficientes» para a prestación dun servizo sanitario debido ao abandono e a falta de investimentos por parte do Concello.

O portavoz do Bloque, Xosé Manuel Fernández Abraldes, citou como exemplos o deficiente pintado do edificio, un mobiliario obsoleto e espazos mal aproveitados. A isto hai que engadir, segundo o edil, graves deficiencias en canto a accesibilidade, «ou que dificulta ou acceso a persoas que precisan unha cadeira de rodas e a aquelas que presentan dificultades de mobilidade».

Abraldes incidiu en que o Concello é o responsable de emendar as deficiencias ao estar paralizado, «por decisión do goberno municipal», o traspaso do centro de saúde a Sanidade.

Deixar un comentario