A asociación Barosa denuncia agresións a dous cruceiros de Barro

Dous cruceiros da parroquia de Agudelo, en Barro, víronse danados fai algo máis dunha semana.

Así un deles, no cruceiro de Vilar polo que transcorre o camiño portugués, desapareceu a mesa e os pes de pedra que estaban situados no pedestal do mesmo. Dende a asociación cultural Barosa tamén denuncian o perigo do cruceiro ó ter o varal torcido producindo o risco de caída, algo que consideran que se debe ó abandono das Administracións responsables do coidado do patrimonio.

O outro cruceiro danado foio das Eiras, situado no recinto da igrexa románica de San Martiño de Agudelo. Nesta ocasión apareceu tirada no chan a mesa de pedra, tendo como resultado da caída unha esquina rota.

A pesares de que non teñen ningunha proba, dende a asociación cultural Barosa, pensan na posibilidade de que se trate dunha acción premeditada ó seren os dous cruceiros afectados polas mesmas datas e na mesma parroquia.

Agora queren facer público o acontecido, e pide a colaboración cidadá por si se trata dalgunha actuación organizada contra o patrimonio que poida afecta a outros elementos de valor do lugar.

Deixar un comentario