O TERRAS DE CURRO,CON ALGO DE MALA SORTE,PERO SUMA E SIGUE.

O redor dunhas cen  de persoas, presenciaron o partido, no estadio municipal de San Antoniño, en Perdecanai. O arbitro do encontro Sr. Álvaro Fernandez Romero,un dos mellores árbitros da liga, (terceiro no trofeo da regularidade do ano 2007/2008), estivo moi ben e a puntuación foi de  cinco  puntos sobre cinco posibles.

Encontro  moi trancado,pola solidez mostrada polo equipo visitante,o Campañó, que o final grazas un auto gol do equipo de Curro, levouse un punto, que penso que foi merecido. Na primeira parte o marcador, non se moveu, e  destacou o nerviosismo, por ver que pasaban os minutos e o resultado era o inicial. Houbo un par de ocasions por parte dos de curro, que fallaron na sua execución. O entrenador do Terras de Curro,tivo que facer modificacions tacticas, para ver si o panorama cambiaba un pouco, pero o resultado, non se moveu. No segundo tempo, e despois de novos trocos,no equipo de local, xa que o entrenador dispoñia de 21 xogadores,(en veteranos podense facer os trocos que se queira), empezou a verse mellor xogo, sendo o momento que PABLO nunha xogada de parede, culminou o 1-0 para o Terras de Curro. A reglon seguido do gol, o Campañó apretou e tivo varias xogadas para empatar, conseguindoo nun fatidico despegue de cabeza, que sae cara a nosa porteria convertindoo nun autogol espectacular, para desgracia dun gran xogador como e , CASIMIRO,  que sorprendeu ao porteiro,(MIGUEL).Asi chegouse o remate do partido, con un  xusto desenlace. O encontro deparou unha gran deportividade entre os dous equipos.

Contouse coa presencia do Secretario da ASOCIACION DE FUTBOLISTAS VETERANOS,o Sr Manolo,que son os organizadores da liga.

OUTRO DIA MAIS AGRADECEMOLA VOSA ATENCION EN CALQUEIRA PARTE DO MUNDO.

A data do próximo partido, será o sábado 26 de setembro, no campo RIO DE BOIS en SAMIEIRA(POIO), contra o segundo clasificado, o MACE SPORT, as cinco da tarde.

Deixar un comentario