Dous anos de conflito que poden pecharse cos planos á vista

O próximo día 17 cumpriranse dous anos desde que estalou o conflito da PO-531 e o certo é que, por vez primeira, existen perspectivas de que finalmente poida pecharse, tras meses de manifestacións na estrada, protestas nas rúas de Pontevedra e reclamacións ante os políticos. Pero, antes de dar ese paso, os veciños queren estar seguros de que o que hai no plano axústase ás súas reivindicacións.

En principio, aos afectados pareceulles ben a reforma do supernudo anunciada desde a Administración xa que o novo proxecto atende a súa principal reivindicación: canalizar o tráfico das estradas locais cara ao macroenlace sen necesidade de pasar pola localidade de Curro . Tamén están de acordo en reducir o impacto para a construción do nó pequeno de Curro de forma que se libren das obras dous negocios existentes na zona.

Queda por despexar a proposta da Xunta para a PO-531. En principio, aos veciños gústalles o deseño da zona de Curro e Alba-A Devesa. Pero están en radical desacordo no que incumbe á subida de Pontevedra a Campañó por catro carriis e a velocidade rápida. Nesta zona reivindican un tratamento urbano con beirarrúas e tráfico lento. O Concello de Pontevedra apoiou a proposta e ofreceu facerse cargo do tramo.

Deixar un comentario