Hernández deberá explicar ao Parlamento a reforma do supernudo de Curro

El conflito da PO-531 segue vivo, A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (MATI), que dirixe Agustín Hernández, deberá explicar ao Parlamento a anunciada reforma do supernudo de Curro , despois de que o Grupo Socialista presentase unha pregunta respecto diso.

En concreto, o conselleiro deberá explicar os motivos polos que esta obra, adxudicada polo bipartito, non está sendo executada nestes momentos. Ademais, terá que abordar a relación que existe entre a paralización do supernudo e o polígono de Barro -Meis que promove a Deputación, así como as infraestruturas de comunicacións previstas para enlazar esta zona industrial.

A MATI anunciou a paralización deste nó nada máis chegar o PP ao poder para reformar o proxecto e dar entrada no mesmo aos tráficos industriais e locais como reclamaban os veciños da zona. Recentemente, presentou o novo deseño en tres niveis para dar resposta a estas necesidades.

Deixar un comentario