O BNG de Barro esixe maior transparencia sobre a PO-531

O BNG de Barro esixiu onte á Xunta transparencia sobre os proxectos que afectan á PO-531. O seu voceiro municipal, Xosé Manuel Fernández Abraldes, indicou que estes días se están realizando as expropiacións para o macronó de Curro de acordo cun proxecto modificado que, segundo a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, recolle as demandas de veciños e grupos políticos do Concello de Barro para mellorar a accesibilidade dos fluxos de tráfico e os accesos á zona industrial. Sen embargo, o edil incidiu en que eses proxectos reformados «non son coñecidos nin polos grupos políticos nin polos veciños», o que está generando inquietude e preocupación por parte dos afectados e o rexeitamento do Bloque a esta forma de actuar «oscurantista». O concelleiro reclamou a urxente publicación do resto do proxecto da PO-531 desde Curro a Pontevedra.

Deixar un comentario