AUDITORÍAS ENERXÉTICAS EN BARRO

Os concellos de Barro, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa, están levando a cabo auditorías enerxéticas nas dependencias municipais, no alumeado público e nas instalacións deportivas. Estas auditorías enmárcanse no proxecto deste ano 2009 denominado Núcleo Enerxético – Núcleo de Sostibilidade, da Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II – Comarca de Pontevedra cuxo obxectivo é integrar o aforro e a eficiencia enerxética de modo transversal no territorio, promocionando o uso de enerxías renovables, tanto con actuacións municipais como para a poboación en xeral. No marco deste proxecto tamén realízanse diagnósticos enerxéticos nos centros de ensino, cursos de conducción eficiente, formación, difusión e asesoramento cidadán en temas de enerxías renovables. Este proxecto foi destacado na IV ASAMBLEA DE CIUDADES RED ESPAÑOLA DE CIUDADES POR EL CLIMA, publicándose no libro España Solar 09 da Red Española de Ciudades por el Clima.
Máis información:
Núcleo de Sostibilidade, ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra
Teléfono 986.108.144
Fax 986 108009
Mail: nsi.pontevedra@mundo-r.com

Deixar un comentario