O conflito do supernó de Curro (Barro) resucitou onte ao reactivar a Xunta as expropiacións sen contar cos veciños. O Goberno autónomo fixou datas para o pagamento do prezo xusto e os veciños ameazaron con virar de novo á estrada. O presidente da Plataforma de Afectados, Manuel Corredoira, esixe ver o proxecto e lembra que o novo goberno da Xunta se comprometeu a mostraro aos afectados antes de adoptar unha solución definitiva.
O supernó de Curro debe enlazar a autovía de Sanxenxo coa futura autovía de Vilagarcía e co enlace desdoblado á AP-9. Ademais, debe servir para a conexión destas vías coa futura autovía de Curro (Barro) a Pontevedra e Vigo. O conflito estoupou ao non contemplar o proxecto do bipartito a conexión ao supernó dos tráficos industriais que generará o polígono de Barro-Meis e dos fluxos de circulación local que subsistirán na rede de estradas cando faia autovías.
Os veciños saíron á estrada en protesta por esta situación e durante un ano protagonizaron numerosos cortes e manifestacións na PO-531 Pontevedra-Vilagarcía. O bipartido chegou a fixar o pagamento das expropiacións para o 6 de maio, pero o PP, tras a súa chegada á Xunta, parou o proceso cinco días antes. Onte, sen embargo, os responsables de obras pública fixaron datas para o pagamento de depósitos previos e indemnizacións. Será do 20 ao 22 de xullo no Concello de Meis e o día 23 no de Barro.