A trinta edición da Festa do Viño de Barro chega hoxe ao seu fin cunha sardiñada gratuíta como principal reclamo para veciños e visitantes. A cita é, a partir das doce e media da mañá, no predio da Crega, en San Antoniño.
Antes, a charanga NBA encargarase de poñer a nota musical no recinto festivo. O programa da última xornada inclúe a entrega de trofeos e unha sesión musical para amenizar a sobremesa.
Xa pola tarde, aos oito, terá lugar un concerto de bandas. Está prevista a participación de Unión Musical de Lantaño, a Banda de Música Municipal de Caldas, a Banda Nova Lira de Moraña e a Banda Cultura e Xuventude de Barro.
A Festa do Viño de Barro é unha das veteranas da provincia. Está organizada pola Asociación Amigos do Viño de Barro, en colaboración co Concello, a Xunta e a Deputación de Pontevedra. O colectivo que preside Javier Cancela Barreiro desde fai dez anos xurdiu fai trinta co dobre obxectivo de dar saída ao viño que se produce no municipio e atraer turistas.