O director xeral do Pontevedra, Fran Crujeiras, reniuse na mañá co alcalde de Barro, José Antonio Landín, co fin de reemprender as obras da cidade deportiva do Pontevedra na localidade de Barro.
Landín sinalou que o proxecto segue o seu curso e que as obras están pendentes de que a Dirección Xeral de Urbanismo dea o visto e prace ás últimas modificacións.
Crujeiras salientou a importancia da prosecución das obras para desenvolver distintos proxectos deportivos e da Fundación, como a posta en marcha dunha escola deportiva provincial para a próxima tempada.
As obras, a finais de ano
O alcalde de Barro comprometeuse a que as obras reemprenderanse antes de finais de ano e que o proxecto podería estar listo durante tempada vindeira.
A cidade deportiva conta con catro campos de fútbol, dos que un será de herba natural, un de herba sintética de última xeración e dous de terra.
Residencia para os campus
Ademais, está previsto construír unha residencia para levar a cabo os campus e poder desenvolver a canteira, que será unha das apostas do Pontevedra nos próximos anos.
Pola súa banda, o alcalde de Barro mostrou a súa disposición a colaborar en todos aqueles proxectos que o Pontevedra leve a cabo en materia deportiva e publicitaria. Ademais, chegouse a un principio de acordo para que as escolas deportivas municipais colaboren coas do Pontevedra.