A Asociación Forestal de Galicia imparte hoxe en Barro un curso gratuíto sobre normativa sectorial e fiscalidade na xestión do monte. O seminario, que se desenvolverá a partir das 18 horas no salón de actos da biblioteca pública municipal, correrá a cargo dun equipo de expertos na xestión do monte da asociación. A iniciativa está patrocinada pola Consellería de Medio Rural e os fondos Feader.
O curso abordará os aspectos máis relevantes da xestión dunha comunidade de montes veciñais, as obrigas contables e fiscais que lle afectan como o IVE e o imposto sobre sociedades, o réxime especial das comunidades ou o reparto de dividendos entre os comuneros.