Este fin de semana, a Policía Local detivo a dous individuos, un home e unha muller, pola súa suposta implicación nunha pelexa en pleno zona vella. M.H.R. e B.C.D.S., ambos de 28 anos de idade se ben o primeiro é veciño de Barro e a segunda ten a residencia en Pontevedra, foron trasladados a dependencias policiais para ser postos a disposición do xulgado de garda capitalino.
Os arrestos producíronse ás 9.30 horas do domingo despois de que os axentes observasen, na rúa Barón, a dous homes e a unha muller enzarzados nunha pelexa, polo que procederon a separalos. A Xefatura municipal engadiu que se tivo que requirir unha ambulancia polos golpes que presentaba un dos implicados, polo que foi trasladado ao Hospital Montecelo.