O vindeiro, 25 de xaneiro, ás 17:00 diante do Concello
de Barro terá lugar a segunda manifestación para solicitar a sinalización vial no centro urbán do Concello.
A Asociación de Pais e Nais non recibiu ata o de agora ningunha resposta de Fomento, polo que decidiron seguir coas protestas ata que o ministerio se pronuncie. Dende o concello apoian as reivindicacións deste colectivo e remitiron tamén un informe á Demarcación de Estradas no que se contemplaba a construción de tres rotondas e catro pasos de peóns para regular o tráfico, unha proposta que foi denegada por cuestións técnicas.
Esperemos (xa que se acercan eleccions) que as autoridades competentes fagan caso.
Así que, dende este blog anímase a tódolos veciños a que acudan á manifestación o domingo. Grazas.