¡¡ MANIFESTACIÓN !!

peatMañá martes, 16 de decembro, ás 12:45 diante do Concello semaforode Barro terá lugar unha manifestación para solicitar a sinalización vial no    centro urbán do Concello.

Esperemos que as autoridades competentes fagan caso antes de que se produza algún atropelo. Non vaia ser que por culpa dalgún político que non queira gastar un pouco de pintura nun paso de peóns, haxa unha desgracia… xa que para as “papadelas” hai cartos.

Así que, dende este blog anímase a tódolos veciños a que acudan á manifestación de mañá. Grazas.


Deixar un comentario