O Concello de Barro a través da Oficina de Información Xuvenil vén
a convocar o “IX Concurso de Postais de Nadal”.
A este concurso poderán concorrer tódalas persoas interesadas.
As postais enviadas terán un tamaño de 21 x 4,50 cm (é o tamaño
de medio folio DIN-A4), podendo ser en branco e negro ou en cor, e
o tema será “O Nadal”
Cada concursante poderá presentar como máximo dúas postais.
Presentaranse na Oficina de Información Xuvenil deste Concello,
sita na Biblioteca Pública Municipal, antes das 15 horas do día 15
de novembro de 2008, en sobre pechado, indicando na parte
posterior da postal os datos do concursante: nome, apelidos, data
de nacemento, enderezo completo e teléfono.
Tódalas postais admitidas serán expostas no Pavillón, fallándose o
concurso o día 17 de novembro, outorgándose o premio o día da
Cabalgata de Reis.
Categorías serán:
1.ª categoría Infantil
2.ª categoría 1.º ciclo de primaria
3.ª categoría 2.º ciclo de primaria
4.ª categoría 3.º ciclo de primaria
5.ª categoría 1.º ciclo de secundaria
6.ª categoría 2.º ciclo de secundaria
7.ª categoría A partir de 16 anos
A postal gañadora por cada categoría obterá un premio
consistente en material didáctico, excepto os pertencentes á
categoría infantil onde todos levarán un pequeno agasallo. De
entre as postais gañadoras elixirase unha, que deberá ser firmada
polo autor e será editada como felicitación do novo ano
2009 e enviada a tódolos veciños de Barro.
O premio poderá quedar deserto a criterio do Xurado, que adoptará
as resolucións por maioría.
O Xurado estará composto polos seguintes membros:
Presidenta:
⇒ Dna. M.ª Teresa Roig Olona
Vocais:
⇒ Dna. M.ª del Carmen Pedrosa Rodríguez. Directora do C.E.I.P. “Amor
Ruibal” de Barro.
⇒ Dna. Consuelo Vázquez Tur. Directora do I.E.S. de Barro.
⇒ Dna. Maria del Carmen Estevez Pérez. Coordinadora de actividades
C.E.I.P “Amor Ruibal” de Barro.
⇒ Dna. Mª Teresa Rigueira Rodríguez Profesora de Educación Plástica
do IES de Barro.
⇒ Secretaria: Dna. Pilar Álvarez García, Informadora Xuvenil
As decisión do Xurado serán inapelables, sendo da súa competencia
a adopción das decisións que coide oportunas, naquelas
circunstancias non contempladas nas presentes Bases.
A participación neste Concurso supón a aceptación íntegra destas
Bases e das decisións do Xurado.
Barro, 15 de setembro de 2008