“Levo un ano vivindo aquí coa miña familia, teño seis fillos e dous netos e non me vou ata que me dean outra casa”, explica Emilio Salazar Montoya. Este insiste en que “si ven os veciños de Barro que lles fixen dano, si queren que me marche deica que me dean algo ou que non me autorizaron”.
-Que autorización ten vostede para residir nesta vivenda?
-Tiven autorización de Rafael Fabeiro Méndez, o dono, diante da asistencia social, un papel que pon que me deixa vivir aquí.
-Por que o denunciou o propietario da casa?
-Foi por unha muller, pediume que lla buscase e eu díxenlle que lla buscase polos seus propios medios, logo de 11 meses de estar aquí, porque fará un mes ou así que el foise de casa, sen saber nada se colleu un poquito de roupa e marchou.
-Os veciños aseguran que en realidade vostedes botárono.
-Iso non, imposible, eu teño seis fillos, dous netos, el é o propietario desta casa, a cal eu non podo invadir, nun terreo que non é meu, e botalo eu de casa, iso non o podo facer. Teño testemuñas de que a policía veu aquí e leu o meu papel e díxome que o gardase ata o xuízo. Porque din que ese señor púxome unha denuncia e que pasa? Pois que quería unha muller e tiña que ser xitana, eu díxenlle que lla buscase el. Marchouse da noite para a mañá.
-Acúsanos de cometer diversos actos delituosos: ameazas, roubos…
-Poñen isto porque din que nestas chabolas hai máis xitanos e que teñen medo a que estea eu e que veña máis familia, pero pódense sacar fotos e ver que todo é mentira, que aquí non hai nin unha cama, que nin un can pode durmir porque se morre de frío. O que pasa é que estes señores haberá xitanos que se cadra lle virán a roubar e eu por ser xitano xa nos botan as culpas. Fai un mes a unha señora faltoulle unha bombona, fíxenlle o favor de ir ao Vao e traerlla e aínda encima queríame botar a culpa