Empresarios e comerciantes enchen de pancartas a PO-531 para expresar o seu rexeitamento á ampliación

Empresarios e comerciantes que teñen os seus negocios na estrada PO-531 que enlaza Pontevedra con Vilagarcía ao seu paso por Curro colocaron onte pola tarde unha ducia de pancartas para expresar o seu rexeitamento ao proxecto de ampliación do viario. Esta iniciativa foi exposta polos propios veciños nunha das reunións celebradas nesta parroquia de Barro.

Á marxe das pancartas dos negocios, a plataforma da PO-531 instalou unha xeneral nun terreo propiedade da comunidade de montes de Curro. Segundo explicou onte o seu presidente, Miguel Maquiera, o lema da pancarta xoga coa campaña «Onde vivimos, importa» impulsada pola Consellería de Política Territorial, de quen depende o proxecto de amplicación do viario. Así, lese: «Aos de Curro, onde vivimos, se nos importa. Non ao proxecto dá PO-531».

mmmm.jpg

Deixar un comentario