Política Territorial ultima unha visita para inaugurar o viario de Porráns a Santa Lucía

A inauguración do tramo da estrada PO-226 que discorre entre Porráns (Barro) e Santa Lucía (Moraña) está pendente de data. Con todo, fontes consultadas indicaron onte que a Consellería de Política Territorial ultima unha visita ao viario para a súa estrea oficial, que podería concretarse nos próximos días ou semanas.

A obras de ampliación e mellora do viario están rematadas a falta dalgún pequeno detalle. O bipartito PSOE-BNG que goberna a Xunta volveu comprometerse a non inaugurar obras durante a campaña electoral das xenerais do 9 de marzo. Así o anunciou o 7 de xaneiro o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, o que confirma que a cinta da estrada de Porráns a Santa Lucía cortarase antes do arranque da contenda política.

A semana pasada, o alcalde de Barro, o popular José Antonio Landín, pediu que se emendasen varias deficiencias detectadas no viario.

Deixar un comentario