Sairemos como galegos!

Os Augardenteiros, unha profesión de antaño.

En Galicia, tradicionalmente, os cañeiros ou augardenteiros eran as persoas que se encargaban da produción da augardente, obtendo con iso ingresos extras dentro da súa economía. Era un traballo estacional (de novembro a decembro) e ambulante, pois ían de aldea en aldea co alambique onde se preparaba a destilación.

Na actualidade a produción tradicional está en recesión, e foi substituída pola produción industrial. Existe unha denominación de orixe que recolle as variedades de augardente galegas, e que se denomina Orujo de Galicia.

A AUGARDENTE

A augardente, tamén chamado “caña” en moitas partes de Galicia é un licor obtido da destilación dos restos da uva que quedan logo de elabora-lo viño, chamado bagazo. É un licor transparente, cunha gradación de alcol superior aos 50 graos.

Variedades

Augardente branca: de cor transparente

Augardentde de herbas: engade distintas herbas aromáticas durante o seu proceso de destilado e é de cor dourada.

Augardente torrada: de cor marrón clara.

A augardente é a base alcólica da queimada, e mais tamén doutros licores como o licor café ou o licor de guindas. Tómase tamén soa e frecuentemente acompañando o café.

http://www.galiciaespallada.com.ar/o_augardente.htm

Segundo as parroquias de Barro, e a época, houbo moitos  aguardenteiros;  neste artigo centrarémosnos en dous deles.

Comezamos por o Sr. Daniel, falecido xa hai uns anos. Era veciño da Portela, concretamente do lugar de San Amaro, vivía moi preto da capela, xustamente fronte a ela, actualmente a súa casa encontrase en ruinas.

Alén de aguardenteiro, tamén exercía como sancristán da capela. Os que o coñoceron din del que era un home moi divertido, amigo de contar historias a carón do alambique e tomar unha cunca de viño co seu pitillo na boca, tal e como podedes ver na foto.

O seu relevo, por dominalo así, foi o Sr. Argenor, natural de Monforte de Lemos e actualmente xubilado. Aínda que vive en Monforte, ocasionalmente, pasa algunhas tempadas de vacacións na Portela, máis concretamente no lugar do Piñeiro. Moitos veciños aínda recordamos as historias da súa etapa de emigrante á Inglaterra que tanto lle gustaba contar.

Como estes homes houbo outros que, seguramente algún dos que estades a ler este artigo, coñecestes, e se non, seguro que vosos pais ou avós coñecen ou coñeceron.

Agradecería que se é así, nos remitírades informacion, tanto escrita como visual, e así colaborar a coñecer máis desta profesión tan dura á vez que interesante.

Moitas grazas.

novasdebarro@gmail.com

img152

img153

img154

ENTREVISTA PUBLICADA NA REVISTA BAROSA NO ANO 1990

http://www.orujodegalicia.org/que.php

http://gl.wikipedia.org/wiki/Augardente

RAIO DE RECURTES!!

 

En Barro, un home alerta ao 112 de que unha rama ocasionou danos no seu vehículo

O vento derriba varias árbores e provoca cortes en distintas vías da comarca.

As rachas de vento que nalgúns puntos da comarca chegaron a superar onte os 80 quilómetros por hora provocaron pequenas incidencias nas vías de comunicación da comarca, causadas sobre todo pola caída de árbores sobre as estradas.

Isto é o que ocorreu por exemplo na PO-235 en Cotobade. Ás 11.25 horas un particular alertó de que unha árbore caída atravesaba prácticamente toda a calzada e obstaculizaba a circulación ao seu paso polo quilómetro 5 deste vial. Ás 13.32 outra árbore caeu sobre a estrada á altura da praia fluvial de Pontevedra, sendo retirada con celeridad. Outra árbore caída provocou problemas nun vial secundario do concello de Portas ás 14.42 horas. En Barro, un condutor alertó ao 112 de que unha rama desprendida dunha árbore caeu sobre o seu vehículo causándolle danos. As rachas de vento alcanzaron os 80 quilómetros por hora en Castrove e os 83 no monte Xesteiras de Cuntis.

CAMBIO DE HORA.Domingo 28 Ás 3:00 da mañá o reloxo cambiarase ás 2:00 da mañá

O seguinte cambio ( ao horario de Inverno ) producirase:

Domingo 28 de outubro de 2012

Ás 3:00 da mañá o reloxo cambiarase ás 2:00 da mañá

 Sabías que?
O cambio horario prodúcese dúas veces ao ano e o seu obxectivo é aforrar enerxía.
O cambio de hora é unha medida que se empezou a adoptar durante a Primeira Guerra Mundial.
En España, esta medida lévase adoptando dende 1974, aínda que a última regulación á que nos adaptamos chegou da man da directiva Europea 2000/84, que entre outras cousas unifica os días nos que se producen os cambios de hora en todos os países da Unión Europea, sendo estes o último Domingo de Marzo e Outubro, respectivamente                                                                                                      

Can abandoado

Viuse pola estrada que vai de Pontevedra a Vilagarcía, máis ou menos á altura da gasolineira, zona de Curro, a un cachorriño branco e negro de caza desnutrido e moi asustada correndo pola beiravía da estrada, por favor, se alguén o ve que intente collelo teriamos casa de acollida para él…está moi asustado e fraco. Gracias, difunde!!!!

REFUXIO ANIMAIS CAMBADOS
info@refugiocambados.es
649 919 849
986 52 46 70

Información do pleno de hoxe por Jose Sanmartin

Jose Sanmartin. Información do pleno de hoxe. Apróbase un orzamento sen inversións. No 2013 farase seica o que rapiñe o alcalde por a xunta e deputación. Despois aprobáronse as taxas de auga e saneamento, tanto enganche coma consumo.

Fretir a impostos os veciños decia él con un bipartito en Barro. Pero o final, lixo, vehículos,IBI, e claro Lixo e auga. Nos pensamos que os impostos teñen que ir en igualdade cos servicios e coa categoria de concellos. Por certo algún tamén se lle para o reloxio algunha vez e tampouco sacamos unha nota de prensa.

http://noticiasbarro.com/2012/10/01/contestacion-aos-comentarios-de-faustino-batallan-por-parte-de-xesus-rodriguez/

Ana Angueira (veciña de Barro)na Festa solidaria Dos palleiros

Sempre que podo asisto a todo canto sarao social me permite o meu traballo, sobre todo se ten un fin benéfico. E será o que faga o próximo venres (Deus mediante): apuntarme á festa que organiza a protectora Os Palleiros para recadar fondos. O ‘menú’ é do máis atractivo: concertos de Ana Angueira e Xana, e música e baile coa asociaciónBlack Box. Ademais, haberá sorteos de regalos e máis sorpresas que non quixeron desvelar para manter a intriga.
O prezo das entradas é de cinco euros sen consumición e oito euros con consumición. Todo o que se recade servirá para seguir axudando os preto de 200 animais dos que se ocupa actualmente Os Palleiros. Moito ánimo e parabén polo voso traballo.

A campaña de vacunación contra a gripe e o pneumococo arrinca hoxe

A campaña de vacunación fronte á gripe e o pneucomoco iníciase hoxe e finalizará o 14 de decembro. Con todo, nos hospitais do Sergas a iniciativa ampliarase ata o 31 de decembro.

Na provincia de Pontevedra cóntanse ao redor de 250 puntos de vacunación que chegará a miles de persoas. O pasado ano, no municipio capitalino administráronse un total de 12.186 dose antigripales e 577 da vacuna antipneumocócica.

Esta campaña está destinada ás persoas de 60 ou máis anos e as pertencentes aos grupos de risco. Inclúense nestes grupos a persoas con enfermidades crónicas cardiovasculares ou respiratorias, persoas institucionalizadas con procesos crónicos, persoas con enfermidades metabólicas crónicas ou inmunodeficiencias, aos nenos ou adolescentes desde 6 meses a 18 anos con tratamentos prolongados de aspirina, ás persoas con obesidad mórbida e ás mulleres embarazadas durante a tempada de gripe.

Tamén están na poboación diana os grupos con posibilidade de transmitir a gripe a outras persoas de alto risco, como os traballadores en centros sanitarios e sociais, ou policías e bombeiros.

 CENTRO DE SAUDE DE BARRO

San Antoniño, s/n – PERDECANAI

 Principal » 986 711 700

Cita previa » 902 077 333

boletín semanal de emprego. Ponteemprego nº 111

HOXE 24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS

HOXE 24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS

A ACD Tenis As Baladas organiza un torneo na ponte de Todos Los Santos.

A ACD Tenis As Baladas organiza un torneo de inverno (afeccionado) coincidindo coa ponte de Todos Los Santos.

A ACD Tenis As Baladas organiza un torneo de inverno (afeccionado) coincidindo a festividade e ponte de Todos Los Santos. Como é habitual o devandito torneo celebrarase na pista de tenis municipal sita na Rúa Baladas s/n de Barro.

O desenvolvemento do torneo farase en formato individual e afeccionado, se ben, no caso de que se cubran un mínimo de 10 parellas, tamén se celebrará o devandito torneo en formato dobres.

Os partidos serán a 4 xogos e en caso de empate a 3, con haberá estafe break. A data do torneo será do 1 ao 4 de Novembro, en horario por determinar segundo inscricións.

O prezo por inscrición é de 3 euros persoa, e de 6 euros parella.

A data límite de inscrición é o 29 de outubro e os interesados poderanse inscribir no Restaurante Porteliña en Barro (San Mauro6B, Portela).

Para máis información sobre o evento habilitáronse os seguintes teléfonos de información: 676774851 ó 669432132.

O xuíz-árbitro ou a directiva de ACD Tenis ás Baladas resérvase o dereito de modificar as normas, para o bo funcionamento do devandito torneo.

Os emparellamentos faranse o día 29, mediante sorteo a celebrar no Restaurante Porteliña.
Asdo. Joaquín Souto
Presidente
ACD Tenis “Ás Baladas” de Barro.    tenisasbaladas@gmail.com

Boletín de ofertas de emprego. Santiago 189

 

 

ASÍ COMO CHO DIGO MACHIÑO!!

O grupo de danzas “Amor Ruibal” actuará na Romaría de San Simón