25 ANOS DA ASOCIACIÓN CULTURAL BAROSA

barosa

Este sábado, día 23, ás 20:30 h. no noso local da Estación da Portela nº 20 vai ter lugar un acto de conmemoración dos primeiros 25 anos Asociación Cultural Barosa.

25 anos de dinamización da vida social e cultural de Barro, a través de innumerábeis actividades: concertos, exposicións, excursións, cursos, xornadas micolóxicas, magostos, festa do cabalo, actividades de animación para nenos, recuperación da nosa memoria, protección e posta en valor do noso patrimonio, recuperación do fondo fotográfico de Reinaldo a través do proxecto Barro en Imaxes, etc.

Este sábado non só imos celebrar os 25 anos de existencia da asociación, facendo un repaso somero das actividades realizadas ao longo de todo este tempo, senón que agradeceremos o compromiso de todos aqueles veciños e veciñas que co seu traballo desinteresado ou coa súa participación nas actividades fixeron posíbel chegarmos a cumprir un cuarto de século. Queremos que esta celebración sirva tamén para abrirmos unha nova e ilusionante etapa, que terá continuidade co feito até agora, mais tamén servirá para acometer novos proxectos de futuro.

Imos aproveitar tamén este acto para inaugurar a nosa biblioteca e presentar publicamente a nova directiva da asociación, presidida por Iván Bello Ferreiro, que vén coller o relevo de Roberto Rivas Reboredo, que a presidíu ao longo dos últimos anos.

barosa barro

barosa

A REVISTA BAROSA EN PDF

barosa

A REVISTA BAROSA EN PDF

Nº 2 ANO 1990revistabarosanº2

BAROSA2

Nº 5 ANO 1997 revistabarosa5

BAROSA5

DIA DOS COGUMELOS EN BAROSA

Os Augardenteiros, unha profesión de antaño.

En Galicia, tradicionalmente, os cañeiros ou augardenteiros eran as persoas que se encargaban da produción da augardente, obtendo con iso ingresos extras dentro da súa economía. Era un traballo estacional (de novembro a decembro) e ambulante, pois ían de aldea en aldea co alambique onde se preparaba a destilación.

Na actualidade a produción tradicional está en recesión, e foi substituída pola produción industrial. Existe unha denominación de orixe que recolle as variedades de augardente galegas, e que se denomina Orujo de Galicia.

A AUGARDENTE

A augardente, tamén chamado “caña” en moitas partes de Galicia é un licor obtido da destilación dos restos da uva que quedan logo de elabora-lo viño, chamado bagazo. É un licor transparente, cunha gradación de alcol superior aos 50 graos.

Variedades

Augardente branca: de cor transparente

Augardentde de herbas: engade distintas herbas aromáticas durante o seu proceso de destilado e é de cor dourada.

Augardente torrada: de cor marrón clara.

A augardente é a base alcólica da queimada, e mais tamén doutros licores como o licor café ou o licor de guindas. Tómase tamén soa e frecuentemente acompañando o café.

http://www.galiciaespallada.com.ar/o_augardente.htm

Segundo as parroquias de Barro, e a época, houbo moitos  aguardenteiros;  neste artigo centrarémosnos en dous deles.

Comezamos por o Sr. Daniel, falecido xa hai uns anos. Era veciño da Portela, concretamente do lugar de San Amaro, vivía moi preto da capela, xustamente fronte a ela, actualmente a súa casa encontrase en ruinas.

Alén de aguardenteiro, tamén exercía como sancristán da capela. Os que o coñoceron din del que era un home moi divertido, amigo de contar historias a carón do alambique e tomar unha cunca de viño co seu pitillo na boca, tal e como podedes ver na foto.

O seu relevo, por dominalo así, foi o Sr. Argenor, natural de Monforte de Lemos e actualmente xubilado. Aínda que vive en Monforte, ocasionalmente, pasa algunhas tempadas de vacacións na Portela, máis concretamente no lugar do Piñeiro. Moitos veciños aínda recordamos as historias da súa etapa de emigrante á Inglaterra que tanto lle gustaba contar.

Como estes homes houbo outros que, seguramente algún dos que estades a ler este artigo, coñecestes, e se non, seguro que vosos pais ou avós coñecen ou coñeceron.

Agradecería que se é así, nos remitírades informacion, tanto escrita como visual, e así colaborar a coñecer máis desta profesión tan dura á vez que interesante.

Moitas grazas.

novasdebarro@gmail.com

img152

img153

img154

ENTREVISTA PUBLICADA NA REVISTA BAROSA NO ANO 1990

http://www.orujodegalicia.org/que.php

http://gl.wikipedia.org/wiki/Augardente

SON DAS TABERNAS EN BAROSA