Cartel definitivo do Barro de Tapas 2ª Edición

barro de tapas 2

Máis de cen quilos de alimentos para a colecta de AC Barosa

O establecemento “Swinger”, (de intercambio de parellas) de Barro, que fixo unha recolleita de alimentos para Cruz Vermella, axudará ao colectivo AC Barosa. Os socios aportarán cen quilos de alimentos para veciños de Barro en urxencia social.

lacasadebarro

“Barro de Tapas, 1ª Edición” acada un resultado de 800 tapas vendidas nunha fin de semana

A “AC Amigos da Fervenza da Barosa”, como entidade organizadora, DATOS BARRO DE TAPASconsidera un éxito que en tres días, os 19 locais participantes no “Barro de Tapas, 1ª Edición” lograsen unha venta total de máis de 800 tapas.

A pasada fin de semana 19 locais de hostelería de Barro uníronse á ruta do “Barro de Tapas, 1ª Edición” que promovía a degustación de tapas caseiras elaboradas e a degustación de albariños Rías Baixas da D.O.

A pesares do mal tempo,que fixo que o local de Barosa Gastronatural non puidese participar por unha inundación na fermosa paraxe natural da Ría de Barosa, o resto de locais completaron con éxito esta primeira edición logrando unha venta total en conxunto de 800 tapas, o que para ser a primeira edición supón un éxito importante ademáis dun revulsivo para a hostelería local, segundo se deseñou dende a organización do evento.

O impacto económico directo polas tapas foi de 2.000 € aos locais, se ben hai constancia de que moitas persoas quedaron a cear ou picar algo polos locales de Barro, polo que os réditos económicos estimados poderían achegarse aos 3.500 € como cifra global para a hostelería.

Tamén cabe salientar o impacto nas redes sociais, nas que durante toda a fin de semana, acadáronse cifras dunha media de 112 persoas consultando de maneira contínua o web de facebook e chegouse de maneira directa a case que 2400 persoas. Outro dato significativo foi a consulta da ruta no google maps, que acadou as 1250 visitas ata o pasado domingo.

Unha vez rematada esta edición, o sentir xeral da hostelería implicada, que así lle transmitiu á organización, é que a duración do “Barro de Tapas” ten que ser maior, así como incorporar ademáis do viño albariño, cervexa ou refrescos, e como non, que se celebre outra edición, que terá lugar na primavera do 2013.

Dende a AC xa se está a traballar na vindeira edición que será a 2ª, co ánimo de dar resposta ás inquedanzas transmitidas e tamén en mellorar o evento incorporando máis premios e facendo rutas máis curtas e accesibles.

BARRO DE TAPAS

“Nadal Solidario en Barro” Campaña de Recollida de Alimentos

A Asociación Cultural “Amigos da Fervenza da Barosa” de Barro, organiza “Nadal Solidario en Barro”, que é unha Campaña de Recollida de Alimentos Non perecedeiros para familias de Barro.

Esta campaña que se desenrolará en dúas fases de recollida a primeira ata o 24 de Decembro e a segunda ata o 5 de Xaneiro de 2012, pretende recoller a colaboración dos veciños de Barro coas persoas máis necesitadas do noso Concello.

Dende a AC Fervenza da Barosa imos implicar a outras entidades públicas ou privadas para facilitar dita recollida e acadar o máximo número de kilos de alimentos.

Para unha maior eficiencia na recollida vaise contar con dúas persoas que actuarán como Coordinadores da mesma, que serán Elena Porta e Faustino Batallán, participando o resto da directiva da AC e os socios.
Existen dous teléfonos de contacto para calquera suxestión que serán o 668.853.863 e o 668.878.958

Tódolos alimentos recollidos serán entregados aos Servizos Sociais do Concello de Barro, para que dentro do seu programa de reparto de alimentos llo fagan chegar de maneira anónima a quen corresponde.

A día de hoxe, os puntos de recollida habilitados son:

SUPERMERCADO DÍA (SAN ANTONIÑO-PERDECANAI)
SUPERMERCADO TANDY-FROIZ (SAN ANTONIÑO-PERDECANAI)
CENTRO DE SAUDE DE BARRO (SAN ANTONIÑO-PERDECANAI)
COLEXIO PUBLICO AMOR RUIBAL (SAN ANTONIÑO-PERDECANAI)
IES PÚBLICO DE BARRO (OUTEIRO-PERDECANAI)
CASA OUBIÑA(GÁNDARA-PERDECANAI)
IGREXA PARROQUIAL (PERDECANAI)

IGREXA PARROQUIAL (BARRO)
A DE MARUJA (BARRO)

A DE RIAL (VALIÑAS)
IGREXA PARROQUIAL (VALIÑAS)

IGREXA PARROQUIAL (AGUDELO)

IGREXA PARROQUIAL (PORTELA)
SUPER ESTACIÓN DA PORTELA

IGREXA PARROQUIAL(CURRO)
SUPERMERCADO MOLDES(FONTE DE CURRO)

Dende a Asociación queremos facer un chamamento á colaboración, necesaria e urxente, e ao respecto desta actividade non descartamos algunhas actuacións adicionais para a consecución dun éxito maior, que iremos comunicando a medida que avancen algunhas negociacións abertas.

solidario

Entrevista na RG a Faustino Batallán sobre o I Barro de Tapas

FAUSTINO