
A piscina municipal reabrirá o vindeiro sábado día 3 de xullo . A reapertura destas instalacións está condicionada pola situación epidemiolóxica actual provocada pola pandemia da COVID-19 e as normas e protocolos fixados serán susceptibles a modificacións en base á evolución da situación sanitaria.
Este ano, debido á limitación de aforo e á imposibilidade de uso de servizos como cafetería ou vestiarios, a entrada será gratuíta. Así mesmo, ante a limitación de aforo e para reducir todo o posible o risco de contaxios e cumprir estritamente coas normas e recomendacións marcadas polas autoridades sanitarias, 𝗼 𝗮𝗰𝗰𝗲𝘀𝗼 𝗮́𝘀 𝗶𝗻𝘀𝘁𝗮𝗹𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝘀𝗲𝗿𝗮́ 𝗲𝘅𝗰𝗹𝘂𝘀𝗶𝘃𝗼 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝘃𝗲𝗰𝗶𝗻̃𝗮𝘀/𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗕𝗮𝗿𝗿𝗼.
◼️ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼: de martes a domingo de 15:00 h a 21:00 h
◼️ 𝗔𝗳𝗼𝗿𝗼: só poderán acceder ás instalacións un máximo de 150 persoas
◼️ 𝗠𝗮́𝘀𝗰𝗮𝗿𝗮: o uso de máscara dentro das instalacións é obrigatorio, excepto no momento do baño ou mentres se permaneza nun espazo determinado sen desprazarse e sempre e cando se poida manter a distancia interpersoal de 1,5 metros
◼️ No momento do acceso ás instalacións será necesario retirar un tícket e aportar datos persoais co fin de posibilitar a comunicación por parte do concello e das autoridades sanitarias de calquera incidencia relacionada coa situación epidemiolóxica
◼️ No momento da entrada todas as persoas deberán acreditar que están empadroadas en Barro, mediante un documento de identidade ou un certificado de empadroamento
◼️ Os vestiarios e a cafetería estarán pechados
◼️ Os aseos estarán abertos e realizaranse tres limpezas e desinfeccións diarias
◼️ Os grupos nas zonas de repouso terán un límite máximo de 15 persoas