O Alcalde comprobou o remate da primeira fase das obras de mellora da escola de Cangrallo acompañado polo Presidente da Xunta de Montes da parroquia, José Ramón Lagares.
Durante a visita o Alcalde informou ao Presidente da Comunidade de Montes de que este ano se vai executar unha segunda fase para conseguir unha rehabilitación total deste edificio. O proxecto da segunda fase consistirá no cambio da instalación eléctrica e a fontanería, no cambio do piso orixinal dunha das aulas, xa que se encontra en mal estado, e na dotación dun novo aseo adaptado para que este local social se atope en perfecto estado cando a evolución da pandemia que estamos vivindo permita novamente a realización de actividades sociais.
Á rehabilitación integral desta edificio público vaise sumar durante este 2021 unha actuación co mesmo obxectivo na escola de Agudelo, que actualmente é o único local social desa parroquia, así como melloras na escola de Curro, que é a única que a día de hoxe funciona como escola unitaria en todo o concello.
